zeno
Create a Station
Explore
Religious
Music
News
Podcasts
Bible
By Genre
By Location
By Language
Download App
Toggle Sidebar
zeno
AGalegaAudio
Todos os podcast | Mar de ardora
Nature
Galician
Mar de ardora expón toda a actualidade relacionada co mar e a pesca dende un punto de vista divulgativo e informativo.
Website
Episodes
113
25 May 2026
Mar de ardora 25-05-2026
O Centro de Investigacións Mariñas acaba de poñer en marcha no Vicedo un criadeiro de sementes de bivalvos. O director do CIMA, Carlos Gabín, cóntanos cal é a súa función. A caída da producción e a falta de relevo xeracional están poñendo en dificultades algunhas pequenas confrarías do país. Alberto Ordóñez exemplifica esta crise en dúas: a de Cariño, xa en fase de liquidación, e a da Pobra do...
56 min
18 May 2026
Mar de ardora 18-05-2026
Comezamos singladura en Vigo para coñecer Velas polo Alzheimer, un proxecto que utiliza a navegación como terapia para os que padecen esta doenza. Sobre el falamos cun dos seus creadores, Edgar Martínez, e o xerente de Julio Verne Náutica, Iván Pérez. Abordamos despois o proceso de transformación do estaleiro Triñanes de Boiro. O seu propietario, Gerardo Triñanes, xubílase e cédelle a xestión ao...
56 min
11 May 2026
Mar de ardora 11-05-2026
Galicia é coñecida polas súas conservas de produtos do mar. Hoxe imos coñecer a historia dunha marca que se converteu nunha referencia internacional no mercado gourmet. Falamos con Jesús Lorenzo, xerente da conserveira de Carril Os Peperetes. Comezou a veda do polbo tras unha campaña na que medraron as capturas e subiron os prezos na lonxa. Alberto Ordóñez pulsou o sentir do sector. A alga...
56 min
04 May 2026
Mar de ardora 04-05-2026
Os mariscadores de Pondeume andan á procura de sacarlle máis rendemento a un recurso que abonda na zona, a ostra rizada. Alberto Ordóñez cóntanos como tentan converter nunha oportunidade a proliferación dunha especie invasora. A investigadora do Instituto Español de Oceoanografía, Begoña Ben-Gigirey fálanos dunha guía internacional sobre o monitoreo de toxinas algais en moluscos bivalvos....
56 min
27 April 2026
Mar de ardora 27-04-2026
O Foro Galicia de Sostibilidade Gloibal de Produtos do Mar desenvolve unha nova edición en Vigo. Revisamos os seus contidos da man do seu director Ángel Matamoro. Alberto Ordóñez lévanos a coñecer o traballo dos mergulladores que extraen navalla da ría de Aldán. David Fernández cóntanos como se extraen as mostras dos bancos marisqueiros para saber o seu estado tralos temporais do inverno....
56 min
19 April 2026
Mar de ardora 18-4-2026
Poñemos a ollada en tres empresas do interior de Galicia que teñen os seus produtos a bordo de barcos e a pe de portos. Industrias Guerra, Gruas Fuerte e Hermanos Toimil están radicadas na comarca do Deza e fabrican guindastres. Entrevistamos a Álvaro Roura, director de Optolarvae, filial de I+D+I do grupo Profand. Cóntanos en que consiste a súa investigación sobre cultivo larvario para...
54 min
13 April 2026
Mar de ardora 13-04-2026
Alberto Ordóñez lévanos ata A Guarda para presentarnos ORMALUGA, unha organización de produtores pesqueiros integrada por profesionais da pesca artesanal e do marisqueo do sur de Galicia e do norte de Portugal. Con David Fernandez imos ata a reserva dos Miñardos para saber como xestionan a explotación do ourizo as confrarías de Lira, Corcubión e Fisterra. A bióloga Elisa Rueda danos conta da súa...
56 min
06 April 2026
Mar de ardora 06-04-2026
David Fernández visita os bancos marisqueiros de Carril, Noia e a Illa de Arousa para comprobar como se rexenera o substrato para eliminar as cicatrices dun inverno pragado de temporais. Falamos co historiador Rafael Lema e co Director Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta, Anxo Miramontes sobre os traballos de busca do galeon Regazona, un dos barcos da Armada Invencible, afundido na enseada de...
56 min
28 March 2026
Mar de Ardora 28-3-2026
Analizamos a caída do consumo de conservas e mariscos coa presidenta de Fedepesca, María Luis Álvarez. Contamos como se presenta a tempada de pesca nos ríos. 48 mil galegos teñen licenza para capturar pezas ata o 31 de xullo. Cada vez chegan máis especies exóticas ás costas do noso país. Falámos cun biólogo que estuda este fenómeno, Rafael Bañón. Fronte a Punta Langosteira hai unha zona...
56 min
23 March 2026
Mar de ardora 23-03-2026
Foi unha boa campaña a do polbo, pero chega o momento de decidir se é necesario ou non establecer outra veda prolongada para garantir a sustentabilidade do recurso. Sobre iso versa a reportaxe de David Fernández. Tamén falamos do futuro do cultivo de mexillón coa axuda de Uxío Labarta e Diana Zúñiga, autores dun estudo sobre a influencia neste molusco dos cambios ambientais nas rías. O patrón...
56 min