zeno
Home
Explore
Religious
Music
News
Podcasts
Bible
By Genre
By Location
By Language
Download App
Log in
Sign up
Toggle Sidebar
zeno
AGalegaAudio
Todos os podcast | Mar de ardora
Nature
Galician
Mar de ardora expón toda a actualidade relacionada co mar e a pesca dende un punto de vista divulgativo e informativo.
Website
Episodes
100
23 February 2026
Mar de ardora 23-02-2026
Comezamos o programa falando dos danos que os continuos temporais deste inverno están causando nos bancos marisqueiros das rías. Abordamos a polémica xerada en torno á proposta do goberno de declarar a anguía especie en perigo de extinción. David Fernández fai balance da pasada campaña do polbo e pregúntalle ao sector como garantir a sustentabilidade da pesquería. Unha reportaxe de Alberto...
56 min
16 February 2026
Mar de ardora 16-02-2026
Neste programa falamos co investigador do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, Luis Taboada, sobre dous proxectos nos que traballa: o primeiro, o aproveitamento de restos de pesca e especies sen valor comercial para producir oleoxeles; o outro, establecer pautas para a explotación sustentable do ourizo de mar. Alberto Ordóñez trasládanos o grave problema da crecente contaminación das...
56 min
09 February 2026
Mar de ardora 09-02-2026
Neste programa abordamos a polémica xurdida tralo anuncio do goberno de que se incluirá a anguía entre as especies en perigo de extinción. Conversamos sobre a situación deste peixe nas nosas augas co edafólogo Serafín González, presidente da Sociedade Galega de Historia Natural. En Galicia houbo tempos nos que se fabricaban motores para barcos. Albertyo Ordóñez lémbranos nunha reportaxe aos...
56 min
02 February 2026
Mar de ardora 02-02-2026
O sector da baixura conseguiu que o Ministerio de Pesca suspendera a aplicación das medidas máis lesivas do Regulamento Europeo de Control da Pesca. Sen embargo, os mariñeiros seguen pendentes da decisión final da Comisión Europea. Imos coñecer o seu punto de vista sobre esta polémica. Entrevistamos a Francisco López Valladares, presidente do Consello Regulador de Acuicultura Ecolóxica de...
56 min
26 January 2026
Mar de ardora 26-01-2026
Neste programa coñecemos como foron as vendas nas lonxas galegas en 2025. Falamos de Redecos, unha rede de sondas en augas pouco profundas para controlar as condicións das augas. Alberto Ordóñez cóntanos nunha reportaxe como evolucionaron os faros galegos. Visitamos en Vimianzo un muiño de marea construido hai maís de 300 anos e en Moaña duas carpinterías de ribeira reconvertidas en museo.
56 min
19 January 2026
Mar de ardora 19-01-2026
Neste programa Alberto Ordóñez acode a unha granxa de rodaballo para explicarnos o proceso de cría deste peixe plano. David Fernández cóntanos como se recolle e comercializan as algas en Galicia e resúmenos o ocorrido no Foroacui, o Foro dos Recursos Mariños e Acuicultura das Rías Galegas que se desenvolve en outubro pasado no Grove.
56 min
05 January 2026
Mar de ardora 05-01-2026
56 min
15 December 2025
Mar de ardora 15-12-2025
A consellería do Mar autoriza a captura de ouxas que devoran o berberecho e a ameixa nas rías. Preguntámoslle como se combate esta praga á patroa mnaior de Lourizán, Carmen Vázquez. Imos a un mercado de Vigo para que a pescantina Olaia Suárez nos diga como vai a campaña de Nadal. O director adxunto do porto de Celeiro, Eduardo Míguez, fálanos do seu acordo cunha sociedade irlandesa para capturar...
56 min
08 December 2025
Mar de ardora 08-12-2025
A flota palangreira galega reclama o remate da veda de pesca do marraxo. A xerente da Organización de Palangreiros Galegos, Juana Parada, fálanos do estado da pesquería. Na última década caeu o consumo de peixe en España un 30 por cento. Un grupo de expertos nutricionistas entre os que están Elvira Larque, Rosaura Leis e Federico Costa dannos motivos para que introduzamos os produtos do mar na...
56 min
01 December 2025
Mar de ardora 01-12-2025
Os bateeiros galegos recibiron a desagradable visita da marea vermella ás portas do Nadal ameazando a súa campaña navideña. Falamos co presidente da Asociación de Produtores de Mexillón de Vilanova de Arousa, Manuel Janeiro, sobre as repercusioóns que pode ter o peche dos polígonos de bateas e sobre outros problemas que ten o sector. Comezan as actividades do proxecto Mar e Rías, que impulsan os...
0 min