About
Hai algo poderoso en escoitar unha melodía que parece vir doutro tempo, pero que respira con forza no agora. Iso é o que consegue As Pías, banda ferrolá de folk tradicional galego que fai da recuperación unha forma de creación viva.
O seu propio nome xa marca o camiño: As Pías non remite só á ponte da ría de Ferrol, senón ás referencias arqueolóxicas de Perlío, onde esas formas na pedra deixaron pegada na memoria do territorio. Unha metáfora perfecta do seu traballo: escavar no pasado para devolvelo ao presente con sentido.
Cinco integrantes de perfís moi distintos, Bernardo Máiz Bar, Carlos Quirós, Nélida Santiago Sánchez e César Santalla Prieto, e Elisa Sardiña López —un bombeiro e remeiro, un cineasta e hostaleiro, dúas violinistas cantantes e un guitarrista— atopan na música galega un punto común desde o que reivindicar o que quedou atrás. Porque As Pías non interpretan tradición: póñena no centro.
A súa aposta pasa por recuperar instrumentos esquecidos como a guitarra galega, o pito pastoril ou a requinta, construíndo un son baseado na corda e no vento, case sen percusión, onde o ritmo nace de forma natural. O seu repertorio combina pezas tradicionais arranxadas por eles e composición propia, sempre cun pé na raíz e outro no presente.
Tivemos a sorte de recibilos en Sons de Nós, ademais da conversa sobre memoria, instrumentos e identidade, As Pías tiveron un xesto especial: compartiron connosco unha peza en primicia absoluta, antes da súa chegada a plataformas e concertos. Un adianto exclusivo que converte esta entrevista nunha oportunidade única para escoitar o seu traballo antes ca ninguén.