Sons de Nós con Alana 8 de maio de 2026
08 May 2026

Sons de Nós con Alana 8 de maio de 2026

SONS DE NÓS RadioFusión

About
Se aínda non coñeces Alana, este é o teu episodio. Antía Vázquez, Pablo Castro e Eloy Vidal son tres músicos galegos que un día decidiron xuntar as súas influencias e o resultado foi un proxecto que engancha: música tradicional galega con base electrónica e pop, con moita personalidade e con algo que é difícil de explicar pero que se nota en canto os escoitas.

O seu segundo disco, Un saber, é unha homenaxe a todas esas mulleres que durante xeracións cantaron, bailaron e tocaron a pandeireta sen pensar sequera que iso era un saber. Alana pensa que si o é, e moi grande, e fano saber cun disco cheo de ritmo, de colaboracións e de moito amor pola tradición.

Gañaron en Ortigueira, estiveron en Lorient, compartiron escenario con Rodrigo Cuevas e van acumulando recoñecementos case sen darse conta. Pero o que máis chama a atención deles non son os premios, senón as gañas: as gañas de facer música con sentido, de reivindicar o galego e de demostrar que a tradición pode ser, tamén, algo moi moderno.

Neste episodio de Sons de Nós, Antía Vázquez fálanos das orixes do proxecto, do proceso creativo, da importancia da recolleita e da lingua, e de todo o que hai detrás dun traballo que, con paixón e con oficio, está a facer cousas moi bonitas pola música galega.