About
Os nosos convidados de hoxe en Sons de Nós afirman que a súa música nace da fricción entre mundos: o metal e a electrónica, o rap e o rock, a forza e o detalle. Mundos que poderían parecer antagónicos pero nos que eles están máis que a gusto. Son quen de converter o ruído en linguaxe, ...eles poden, son de Lugo.
Hoxe forza non vai a faltar no estudio de Sons de Nós porque recibimos a visita de Arrhythmia. A banda luguesa está formada, a día de hoxe, por Alvaro Barreiro - Batería, Alex Maciñeiras - Baixo Eléctrico e Alberto Busto - Guitarra eléctrica
Acompáñanos nesta entrevista Alberto Busto, membro de Arrhythmia que tamén, como adoita pasar coas persoas con moitas inquedanzas musicais, forma parte de Rebeliom do Inframundo.
Dous Premios Martín Códax da Música, en 2018 á mellor banda de metal galego e, en 2023, e tres discos son unha estupenda carta de presentación para esta potente banda que decidiu facer un pequeno parón para tomarse un tempo de preparación do que xa é o seu novo traballo.
O seu novo EP, cuxo nome está aínda a discusión dentro do grupo, sairá ao inicio do 2023, pero xa nos teñen feito dúas entregas ben intensas que xa dan a pista da calidade do que nos teñen preparado. Nas plataformas xa podedes escoitar “Amnesia” e “Insaciables”, acompañados nese segundo tema coa outra parte do corazón de Alberto, Rebeliom do Inframundo co que nada podía saír mal. En nada iremos coñecendo máis contido deste novo traballo.
Queridas e queridos ouvintes, preparémonos para conmovérmonos porque Arrhythmia non busca agradar: busca conmover