Skip to content
Opens in a new window
Programa1506
10 October 2026

Programa1506

Podcast de Corcovadomusica

About
Aquí tedes, en formato podcast, o noso programa número 1506. Foi emitido por diferentes emisoras (Rádio Filispim, RKV Vigo, Radio Municipal de Redondela, Cuac FM A Coruña, Ràdio Gallinera e Radio Crónica Folk Musical) entre o 8 e o 14 de outubro.

O vindeiro 20 de novembro editarase o disco debut do proxecto Zerzura. Na música do grupo dámos con elementos de música raï, folclore nubio e sons do delta do Nilo, entre outros. Abrimos o programa cos seus dous primeiros sinxelos. Oficializamos a seguir a publicación dos últimos discos de Sheila Chandra e Kay Slice para, a seguir, escoitar o novo sinxelo de Les Amazones d’Afrique. Chega ás nosas mans, coma sempre, a través do selo Real World Records. Na segunda parte do programa preséntovos dous traballos ben diferenciados. O primeiro, “Notes to Self”, o emocionante último traballo da galesa Catrin Finch. O segundo, o interesante e irregular “Mahti”, proxecto asinado polo trío finlandés Melkutus Party.