About
Aquí tedes, en formato podcast, o noso programa número 1505. Foi emitido por diferentes emisoras (Rádio Filispim, RKV Vigo, Radio Municipal de Redondela, Radio Neira, Cuac FM A Coruña, Ràdio Gallinera e Radio Crónica Folk Musical) entre o 1 e o 6 de outubro.
Os portugueses Glockenwise veñen de publicar o seu novo disco, “Vale tudo para chegar a algum lado”. O disco é en si mesmo unha demostración de creatividade contida aplicada ao ámbito do pop independente. Se vos cómpre, este é un dos nosos discos destacados da semana. O mesmo acontece coa amalgama sónica dos suízos Viragezero, quen veñen de editar o seu novo disco. Non son estas as únicas novidades do noso programa: escoitamos os novos traballos de Altin Gün e José González para, a seguir, presentarvos sinxelos de novos proxectos discográficos. É o caso da banda Mitsune, quen veñen de anunciar a publicación do seu novo disco a través de Real World. Completamos o programa cos últimos sinxelos dos galegos Skanderani e da artista brasileira Monique Maion.