Ent. Uxío Benítez, concelleiro de Planificación Estratéxica, Territorial e Económica | "O grilo verde"
20 April 2026

Ent. Uxío Benítez, concelleiro de Planificación Estratéxica, Territorial e Económica | "O grilo verde"

Informativos

About
“O grilo verde” é o nome da marca do novo modelo de xestión de residuos que o Concello de Tomiño vai implantar de forma progresiva para cumprir a normativa europea que establece que para 2030 debe reciclarse o 60% dos residuos, o 65% no 2035.

Uxío Benítez, concelleiro de Planificación Estratéxica, Territorial e Económica, explicou as características deste novo modelo que contempla a recollida porta a porta no rural e a creación de centros de reciclaxe integral comunitaria nos núcleos urbanos, e en ambos casos a aplicación dunha taxa por xeración de residuos.