Ent. Ana Núñez, concelleira de Igualdade | IV Plan de Igualdade
16 January 2026

Ent. Ana Núñez, concelleira de Igualdade | IV Plan de Igualdade

Informativos

About
O IV Plan de Igualdade do Concello de Tui establece, a través de nove eixos de actuación, as liñas a seguir nos próximos anos para avanzar nunha igualdade real. Dá continuidade ao III Plan que se executou nun 87%. O novo documento recibiu o apoio unánime da corporación en pleno.

A concelleira de Igualdade, Ana Núñez, explicou que significa para o Concello de Tui contar con este IV Plan, fixo balance do anterior, e deu conta das liñas de traballo.