Galiportus T3X03 / Protagonistas - Vendaval, cinema portugués na Ribeira Sacra
04 November 2025

Galiportus T3X03 / Protagonistas - Vendaval, cinema portugués na Ribeira Sacra

GALIPORTUS

About
Hoxe recuperamos unhas gravacións do mes de agosto e falamos dunha fantástica iniciativa galaico-portuguesa realizada no rural lucense, en plena Ribeira Sacra. Trátase da segunda edición da "Vendaval- mostra de cinema portugués", coa temática "tan perto, tan lonxe" que convida a reflectirmos sobre as distancias físicas e emocionais. "A Casa da Memoria", "A Palleira" e o "Centro sociocultural de Bóveda" son os espazos escollidos para ver filmes, debater e levar a cabo actividades paralelas destinadas a todos os públicos. Máis do que un festival de cinema, falamos pois dun encontro intercomunitario, inclusivo e cooperativo.
Conversamos cos protagonistas alí: coa galega que traballa en Lisboa para a produtora "Duplacena", a organizadora Tamara Gonzalez e co director e realizador de "Á procura da estrela", Carlos Peñalver. Tamén entrevistamos ao actor lisboeta, Miguel Nunes, que participou en "O homem de Trás-os-Montes" e "Anjo". Por último, fala Patricia Castro, presidenta do espazo da "Casa da Memoria" e da asociación "A memoria é náufraga".
Que marabilla de proxecto! Na música final, "As vidas caladas", de Antia Muiño e Caamaño&Ameixeiras.