
About
É tempo de entroidar, e falamos moito diso no GLP. Queremos achegarnos aos Entroidos/Entrudos que foron recuperados, que non están entre os máis afamados, mais que conservan toda a súa esencia, grazas ao esforzo e o empeño duns poucos, que loitaron e loitan por revivir a tradición. Falamos, por exemplo, das Bonitas de Sande (Cartelle-Ourense, Gz) ou os Farrumecos de Sobradelo (Xunqueira-Ou-Gz) Visítannos para falar das súas figuras, do traballo feito e do que pode vir nos próximos anos; Antonio Sousa, membro da Asoc. Cultural das Bonitas da Sande (recén chegado tamén do encontro europeo celebrado en Pernik, Bulgaria) e Rochi Nóvoa, impulsora da recuperación dos Farrumecos. Que grande conversa temos con ambos, sumada a dúas pequenas entrevistas realizadas no Lindoso, co Manuel Ribeiro (Vice-presidente da Assoc. Amigos do Lindoso), para falar do seu Entrudo popular do "Pai Velho" e Margarida Paiva (ex-membro da Assoc. pelo desenvolvimento de Pitões das Júnias), coa que falamos sobre os caretos e "farrapões". No final, o que fai tan especial estes entroidos? Pois o sentimento de pertenza coa comunidade, a non necesidade de convertilos en experiencias turísticas, a grandeza de vermos as casas abertas, os locais sociais ou as adegas a todos os veciños ou a especificidade dentro da variedade. O desfrute conclúe cunha música do Zeca Afonso: "Moda do Entrudo". Non nos faltes nunca, Entroido!