Ent. Alumnado e profesoras do IES Antón Alonso Ríos, de Tomiño | "Cristais hidrofóbicos", premiado en Exporecerca Jove
08 May 2026

Ent. Alumnado e profesoras do IES Antón Alonso Ríos, de Tomiño | "Cristais hidrofóbicos", premiado en Exporecerca Jove

Día a Día

About
Lucas Bautista, Sharay Iglesias, Sofía Rodríguez, Marta Riádigos e Jorge Sobrino Pintos, alumnado do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño, desenvolveron o proxecto "Cristais hidrofóbicos" que vén de ser recoñecido na feira Exporecerca Jove de Barcelona.

Conseguiron o segundo premio na categoría de Química e Mocidade nesta cita nacional, e hoxe contáronnos como desenvolveron o proxecto. Tamén conversamos coas dúas profesoras, Isabel Fernández e Mercedes Serrado.