Ent. Alumnado e directora do CEIP Nº1 de Tui, e Ana Núñez, concelleira de Igualdade | Puntos violeta en Tui
07 May 2026

Ent. Alumnado e directora do CEIP Nº1 de Tui, e Ana Núñez, concelleira de Igualdade | Puntos violeta en Tui

Día a Día

About
Alumnado de 5º e 6º de primaria do CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui puxo en marcha unha iniciativa para que Tui sexa unha cidade máis segura. Con este obxectivo, crean o grupo PEA: Protexer, Escoitar sen xulgar, Avisar; con vítimas de violencia machista. Amais impulsaron a colocación de puntos violeta en establecementos tudenses.

Hoxe conversamos con parte deste alumnado; coa directora do centro, Nuria Garabal; e coa concelleira de Igualdade, Ana Núñez. Contáronnos amais que o Concello brindará a este alumnado formación específica sobre prevención e acción na violencia machista por parte de expertos e expertas, abrindo a porta á posibilidade de desenvolver a iniciativa noutros centros.